Sinerxías, punto de encontro

SINERXÍAS é un punto de encontro entre empresas, persoas demandantes de emprego e centros de formación da comarca de Bergantiños, cunha clara vocación de converterse nun referente en Galicia na conexión entre empresa, talento e territorio.

É un espazo pensado para escoitar, conectar e aliñar necesidades, expectativas e puntos de vista, xerando oportunidades reais de colaboración entre o tecido produtivo, o sistema educativo e o emprego.

Desde o Polígono de Carballo, SINERXÍAS promove unha nova cultura de promoción económica e innovación territorial, onde as persoas e o coñecemento son o motor do desenvolvemento sostible.

Sinerxías busca:

1

Aproximar o talento ás empresas, facilitando a inserción laboral e a adecuación da formación ás necesidades reais do mercado.

2

Fomentar a innovación e a modernización dos parques empresariais como espazos de progreso e sustentabilidade.

3

Impulsar a cooperación público-privada, xerando sinerxías que contribúan ao desenvolvemento equilibrado de Galicia desde o territorio.

Cada edición consolida a Carballo e a Bergantiños como un modelo de promoción económica local con impacto e proxección en toda Galicia.

Estes son os nosos valores:

Conexión

unir empresa, talento e formación nun diálogo continuo e construtivo.

Innovación

promover novas ideas, tecnoloxías e enfoques para un futuro competitivo.

Colaboración público-privada

impulsar o progreso compartido entre institucións, empresas e cidadanía.

Desenvolvemento territorial

medrar desde o local cunha mirada galega, creando oportunidades sostibles.

Aprendizaxe e talento

apostar pola formación continua e a empregabilidade como eixes do crecemento.

Sostibilidade

avanzar cara a un modelo produtivo responsable, equilibrado e comprometido co entorno.